Accidente cun ferido leve en Ribeira

Pasaban uns minutos da unha do mediodia cando dous turismos colisionaron por alcance en Xarás, Ribeira. Ó parecer o choque producíase cando un vehículo parou para desviarse hacia a tenda dos chinos ubicada frente ó tanatorio de Xarás, o vehículo que o seguía detívose, pero un terceiro vehículo, un furgón, non se detivo, colisionando na parte traseira dun seat ibiza con pracas de matrícula 0597 DML. Como resultado da colisión a conductora e única ocupante do turismo queixábase de dores nas cervicais, polo que membros do GAEM de Ribeira colocáronlle un collarín á espera de ser trasladada a un centro sanitario. Persoal do GAEM de Ribeira encargouse de dirixir o tráfico mentres non chegaba a policía local, o suceso causou retencións ó tratarse dunha estrada de entrada e saída a Ribeira e ó polígono de Xarás. Tamén se encargaron da limpeza da via.

https://www.youtube.com/watch?v=MBeJu1IzKfM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.