O cheque regalo coa viaxe familiar para catro persoas con destino a Disneyland Paris xa está nas mans de María Dolores Rosende, veciña da Pobra e compradora habitual do comercio local. Este foi o premio gordo da campaña ‘Rasca e Gaña’ que se celebrou entre o 3 de decembro e o 5 de xaneiro.
A CAMPAÑA ‘RASCA E GAÑA’ DA POBRA DO CARAMIÑAL XA TEN GAÑADORA: MARÍA DOLORES ROSENDE RECIBIU ESTA MAÑÁ UNHA VIAXE A DISNEYLAND PARIS


