A Asociación Agro da Pobra botou a andar a finais de 2021 e agora está formada por preto dunha decena de participantes, que buscan aproveitar os excedentes agrarios e apostar polos produtos ecolóxicos xa que actualmente hai demanda pero pouca oferta. Durante este mes faranse varias sesións informativas polas parroquias para dar a coñecer este proxecto.
A POBRA DO CARAMIÑAL PRESENTA A ASOCIACIÓN AGRO POLAS PARROQUIAS CON SESIÓNS INFORMATIVAS ESTE FEBREIRO.


