O cerco galego afronta este 2023 con novas problemáticas. A redución da cota de xurelo a 0 na zona VIIIc fai indicar que será un exercicio complicado para este segmento da flota, que nos últimos anos mantivo a súa actividade en gran medida pola pesca desta especie. Aínda así hai armadores que confían en que este ano non sexa moi difícil para os cerqueiros.
OS ARMADORES AGARDAN QUE ESTE ANO NON SEXA MOI COMPLICADO PARA O CERCO.


