Medidas que procuran mellorar a situación da vila noiesa

O Concello de Noia emprenderá diversas actuacións de mellora na vila. Entre algunhas das medidas figuran a próxima instalación de observatorios ornitolóxicos na praia de Testal ou pequenas labores de saneamento e establecemento de colectores en distintos puntos do concello.

Así mesmo, atópanse xestionando coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza un proxecto de actuación en Punta Bruñeiras para mellorar ese borde marítimo, recuperando e rexenerando o entorno da actual depuradora. O obxectivo céntrase en darlle continuidade ao paseo dende Punta Bruñeiras ata o enlace da variante Noia.

Por outra banda, a rexeneración da ría é unha actuación que xa está a piques de comezar. De feito, estánse tramitando as autorizacións correspondentes para poder levar a cabo a primeira fase. Uns permisos que dependen da Consellería de Medio Ambiente a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Esperan que ao longo das vindeiras semanas se expidan os informes precisos para levar a cabo as actuacións complementarias. Estas van facer posible que ao longo dos próximos meses se vexa executada a primeira fase de eliminación de lodos e fangos dunha parte da ría.

Isto supón outra das cuestións prioritarias para a vida de Noia e unha rexeneración dunha parte desa ría que ofrece un aspecto desagradable na baixa mar.

https://www.youtube.com/watch?v=QM-5GNyt8P4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.