Rianxo

Rianxo aproba os seus orzamentos para o ano 2016 que ascenden a 8.308.730 euros

No pleno ordinario do mes de xullo aprobáronse cos votos a favor de BNG e PP , abstención do PSOE e voto contrario de Rianxo en Común os orzamentos do 2016. As contas que se presentaron para a súa aprobación este ano contarán cunha cantidade superior á dispoñible en Rianxo no ano anterior. Isto é pasar dos 7.346.843 de euros a 8.308.730 euros, aproximadamente un millón de euros máis. Dende o equipo de goberno destacan que son uns orzamentos coherentes, proporcionados e realistas froito do importante traballo de axuste e contención.

Como se anunciou nestes últimos catro anos, unha vez pagada toda a importante carga financieira acumulada, a base dun millón de euros anual o escenario económico do concello comeza a cambiar substancialmente e é o que buscan representar estes orzamentos. Este ano baixa a 357.000 euros netos, o que supón a menor débeda viva dos últimos dez anos.

Á vez que baixa o peso da carga financiera sube o dedicado a investimentos, que do 8 % no ano anterior sube a un 21,4% neste ano.

En canto a investimentos, cabe destacar proxectos incluídos en diferentes subvencións nominativas da Deputación co 80% de achega provincial. Por exemplo, a reforma do Liceo Marítimo Rianxeiro, a instalación do viveiro de empresas na Aula Activa do Mar e a reforma da Casa Rafael Dieste.

Con fondos propios elaborase un plan accesibilidade e obras por valor de 75.000 euros, a ampliación do servizo limpeza viaria para chegar a todas as parroquias e duplicar persoal con capacidades diminuidas. En total crearanse tres novos dos sete postos de traballo neste programa de carácter indefinido a concurso entre as empresas de iniciativa social.

As obras encadradas no PAS, POS e PAI supoñen un investimento para o 2016 de máis de 1.700.000 euros para financiar estas actuacións entre subvencións e fondos propios.

Estes son só algúns dos puntos que se abordaron durante o pleno.

https://www.youtube.com/watch?v=nXaMq0R55vY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.