Os xogos de mesa triunfan. Dende o popular Catán ata o clásico Dungeons & Dragons, hai para todos os gustos e idades. O aumento do interese polos xogos modernos propiciou a creación de espazos onde botar unha partida. En Ribeira temos Libros Ari, onde notan un incremento de xogadores, en moitos casos animados a raíz dos confinamentos pola pandemia.
O CATÁN, O VIRUS OU DUNGEONS & DRAGONS: OS XOGOS DE MESA TEÑEN TIRÓN NA COMARCA


