A segunda fase da rexeneración das Xunqueiras será presentada en Madrid pola deputada Nacional de En Marea, Yolanda Díaz. Esta mañá a deputada de En Marea no Congreso visitou a zona das Xunqueiras na Pobra do Caramiñal para a coñecer de preto a situación e as necesidades do municipio. Nesta fase que se pretende realizar inclúese a restauración e aproveitamento das naves dos Areos. O alcalde Xosé Lois Piñeiro está a realizar unha serie de xuntanzas con expertos en diferentes campos coa intención de buscar o mellor proxecto de rehabilitación das naves que levan anos paralizadas. Entre os usos que se barallan está un museo vivo da conserva, unha escola infantil, ou instalacións para mariscadoras, entre outros.
A proposta será trasladada a Madrid por Yolanda Díaz para incluir como enmenda nos orzamentos do Estado, ó igual que a proposta de recuperación do entorno da Onza de Oro, na Ribeiriña.
A deputada de En marea Yolanda Díaz destacou tamén que é urxente unha actuación parcial que evite o perigo da zona para a poboación, así que En Marea presentará no Congreso unha iniciativa para instar ao Goberno central a que busque solucións ao respecto a curto plazo.
https://www.youtube.com/watch?v=ncVa_Oxu2pY