Mercar ou alugar unha vivenda estes días non é doado. Os poucos inmobles e os altos prezos fan estragos en Galicia que, rexistra un mínimo histórico, con poucas vivendas en alugamento dispoñibles: un total de 2950, segundo informou a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). Dende que hai rexistros a comunidade nunca tivo tan poucos inmobles en circulación para alugar, algo que notan tamén no Barbanza onde hai moita demanda pero pouca oferta.
EN GALICIA HAI MOITA DEMANDA DE ALUGAMENTO PERO POUCAS VIVENDAS DISPOÑIBLES.


