A necesidade de minimizar os desprazamentos co fin de reducir un 30% as emisións contaminantes e o 80% as vítimas mortais asociadas ao transporte son algúns dos obxectivos da Estratexia de Mobilidade da Xunta ata o 2040. Unha folla de ruta que foi presentada esta mañá pola conselleira de Infraestruturas e mobilidade.
A ESTRATEXIA GALEGA DE MOBILIDADE PERMITIRÁ REDUCIR OS DESPRAZAMENTOS CON MEDIDAS COMO O TELETRABALLO E O FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO


