A factura da luz foi a protagonista no día a día da xente dende hai máis dun ano. As constantes subas e prezos récord do kilovatio hora obrigou a moitas persoas a facer malabares á hora de poñer lavadoras ou de cociñar. Dende que a Unión Europea deu luz verde á excepción ibérica os prezos están a baixar. Segundo a análises desenvolvida por Facua sobre a tarifa semirregulada, este mes de xaneiro rexistrou a factura máis baixa en 13 anos. Algo que non todos os fogares do Barbanza parecen rexistrar.

