Cada 16 de agosto celebrase a festividade de San Roquiño, na parroquia ribeirense de Carreira. Centos de persoas acoden ás misas na honra deste santo ata a capela de San Roque , en Frións. Según conta a tradicción San Roque enfermou de peste e trasladouse ó monte para non infectar ós veciños. Cando este santo se trasladou ó monte recibía cada día a visita dun can que lle levaba un pan que collia da casa do seu amo. As versións populares afirman que foi o can quen o curou, despois de lamerlle a ferida da perna varias veces cando o santo estaba no monte.
https://www.youtube.com/watch?v=Sq3KE2mWLwU