jueves, septiembre 28, 2023

Visita do conselleiro de Política Social á escola infantil sonense

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, achegouse durante a mañá de onte ata as instalacións da escola infantil de Porto do Son, a cal leva funcionando un ano. Alí estivo acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; pola primeira tenente de alcalde, María Maneiro; e pola concelleira de Educación, Magdalena Pérez.

Rey Varela aproveitou a visita para salientar a profesionalidade do profesorado, algo que resulta fundamental para o desenvolvemento de nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 0 e 3 anos. Así mesmo, indicou que dita escola infantil é froito do esforzo conxunto entre o Concello e a Xunta de Galicia, a cal seguirá apostanto polas políticas educativas.

O responsable de Política Social tamén sinalou que neste momento se atopan avaliando as melloras que se poden realizar nas diversas escolas infantís, tanto das que dependen dos concellos como das que son compartidas a través do Consorcio Galego. Polo tanto, esperan seguir investindo recursos públicos para ofrecerlle aos cativos as mellores instalacións posibles.

Por outra banda, o alcalde de Porto do Son anunciou que a demanda dos profesores sobre o emprazamento dunha cuberta na zona exterior do patio será materializada. Deste xeito, os nenos e nenas poderán saír ao exterior no inverno e desfrutar de actividades ao aire libre.

Agardan que este traballo de acondicionamento do entorno da escola infantil se atope finalizado a finais de setembro ou principios de outubro. Así, xunto coas obras da ludoteca, o complexo infantil estaría equipado.

https://www.youtube.com/watch?v=vZFprPjGeN4

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.