O nadador ribeirense Alex Lages logrou medalla de bronce en 1500 m no primeiro día do campionato de España de Verán Infantil

O XXXVIII Campionato de España de Verán Infantil xa deixou a súa primeira medalla en Ribeira. O nadador Alex Lages de 15 anos logrou medalla de bronce en 1500 m cun resultado de 16:25.67 , o tamén ribeirense Jorge González quedou sexto cun tempo de 16:52:50
O campionato celébrase dende esta mañá ata o domingo 31 de xullo en Málaga. Compiten 844 nadadores infantís pertencentes a 240 clubes de todo o territorio nacional. O club natación Ribeira participa con 3 nadadores, Alba Martínez, Álex Lages e Jorge González.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.