O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, presidiron hoxe a reunión da Comisión Mixta Xunta -TSXG, na que, entre outros asuntos, abordouse a distribución das prazas de novos xuíces e maxistrados creadas polo Ministerio e o balance do funcionamento dos xulgados de reforzo das preferentes, tras un ano de actividade.
O vicepresidente Alfonso Rueda quixo destacar a boa relación a boa saúde deste tipo de comisións entre a Xunta e a Administración de Xustiza, que permiten reforzar a cooperación entre ambas e ofrecer unha xustiza mellora dotada e máis eficaz, o que redunda nun mellor servizo aos cidadáns.
http://youtu.be/blxBNBdNuCc