Un usuario da sétima lista do pantalán ribeirense denuncia unha serie de incidencias con Portos de Galicia

Un usuario da séptima lista do pantalán de Ribeira está indignado co trato recibido por parte de Portos de Galicia. Cando Manuel Novo se xubilou do mar, quixo adquirir unha embarcación coa que poder saír a navegar. Para tal efecto, solicitou unha praza de amarre e realizou a petición de reducción do 40% nas taxas determinadas para este servizo ao que por lei ten dereito. Iso sí, sempre que o bote non superase as medidas establecidas para poder desfrutar deste desconto. Durante os primeiros meses non tivo problemas ata que un día recibiu unha chamada de Portos de Galicia. Comunicábanlle que deixaría de gozar de dito privilexio porque a barca superaba as dimensións para poder acollerse ao mesmo. Isto significaba pasar de pagar 40’09 euros por trimestre a 68’29 euros. Un incremento de 28’20 euros. Manuel non comprendía o que estaba sucedendo, pois a súa embarcación, o «Tonteiro», non sufrira modificación algunha. Ademais, tampouco recibiu ningún tipo de notificación por escrito.

Tamén se sinte ofendido polo feito de que cada trimestre paguen unha cantidade distinta. El asegura que durante a tempada de inverno os importes son distintos que no verán.

Algo que tampouco comprende é o por que do cobro de auga e enerxía no pantalán, cando non dispoñen destas prestacións segundo manifesta.

Finalmente, síntese molesto polo trato recibido por parte duns gardamuelles de Portos de Galicia cando lles pediu que lle facilitasen unha chave para poder levar a cabo o mantemento do seu bote.

Segundo parece, Manuel Novo non é o único afectado por esta situación. Tal e como sinalaron outros mariñeiros, existe un malestar bastante xeral entre diversos usuarios por esta mesma razón.

https://www.youtube.com/watch?v=NtJUAiPGPAs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.