8 nenos e nenas saharauis pasan as vacacións en paz na vila de Noia

Saír da calor infernal que durante a época estival se vive nos campamentos de Tinduf é unha das razóns polas que os nenos e nenas dos campos de refuxiados do Sáhara viaxan a Galicia, máis este non é o único motivo que leva as súas familias a deixar viaxar os fillos e fillas a milleiros de kilómetros do seu fogar, a necesidade de alonxalos das guerras e a posibilidade de pasar revisións médicas teñen tamén o seu peso. Estas mesmas razóns levan as familias galegas a acoller durante o verán a estes rapaces, a súa bondade e a colaboración dos concellos, como o de Noia, para sufragar tan costosa viaxe, posibilitan un verán en paz para estes menores. As familias de Noia collen este ano 8 nenos e nenas, dentro do programa Vacacións en paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Esta mañá os rapaces e as súas familias de acollida de Noia foron recibidos na casa de cultura pola tenente de alcalde, Marisol Villar, a delegada de Sogaps en Noia, Beatriz Caamaño e a educadora familiar Yolanda Gómez.

Dende a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, agradecen a colaboración do concello noiés e das familias de acolllida.

Os nenos e nenas que en canto chegan xa se integran coas familias e desfrutan da vida na vila amósanse ledos de viaxar a Galicia, como Mohamed e Marian.

Dende o concello de Noia están a pensar en organizar unha viaxe a Oporto para estes rapaces, de momento xa os agasallaron cunha boa bolsa de chuches.

https://www.youtube.com/watch?v=3c7DHDK4GtQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.