Deportes

ESTE SÁBADO COMEZA A LIGA DE CRUCEIROS RÍA DE AROUSA


A emoción das regatas de cruceiros volverá a vivirse na ría de Arousa. A unión dos clubs náuticos desta ría deu como resultado está clásica proba invernal que regresa un ano máis ás augas arousanas. A primeira etapa celebrarase este sábado e terá ao Club Náutico Arousa Norte como organizador.

Esta nova edición da Liga de Cruceiros contará con seis etapas, iniciándose este sábado na Pobra do Caramiñal. Estímase que as embarcacións comecen a proba sobre as 13.30 horas dende augas pobrenses e contará cun percorrido polo interior da ría de Arousa de entre 8 e 15 millas, dependendo das condicións meteorolóxicas.

Esta Liga de Cruceiros celebrará unha proba cada dúas semanas, e cada un dos clubs participantes contará coa súa propia. Polo que tamén pasarán polo Club Náutico de Ribeira, o de Rianxo e o Real Club de Regatas de Galicia, de Vilagarcía.

Entre os participantes e favoritos a facerse coa vitoria encóntranse os vencedores da anterior edición. O Corsario do Club Yates Vilagarcía, o Camping Ría de Arosa no náutico Arousa Norte e o Galopín, do club de Ribeira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.