Resultados do fútbol na comarca

O Boiro está cada vez máis preto do ascenso a 2º B, tras vencer por 2-0 ó Caudal de Mieres. Abria o marcador Romay no minuto 28 colocando o 1 a o, e sentenciaba Borja no 93, rematando un centro de Herbert . O Boiro mostrouse moi superior o rival no campo, cun gran ataque e creando xogadas de perigo. O mieres quedouse en defense, tentando que os locais non chegasen a porteria, pero sen maior ataque. O próximo domingo o Boiro ten unha cita en Mieres, onde os de Barraña non o deberian ter difícil, xa que o equipo o que se enfrotnan debe marcar tres goles e evitar que os de Barbanzas anoten.
En preferente autonomica no grupo norte o Puebla perdeu 1-3 co Chantada. O Chantada amosouse superior o Puebla neste partido, os barbanzas pasaron polo campo da Alta sen pena nen gloria. Os lucenses asestaronlle tres goles na primeira parte que deixaron o equipo da barbanza sen esperanzas de remontar.
Choco, de penalti anotaba o único gol do Puebla pouco antes de rematar o partido.
O Puebla esta de 17º na clasificación con 31 puntos.
O Ribeira venceu 1-3 o sporting Sada. O Ribeira comezou moi enchufado o partido, con dominio no campo e control do esferico case durante toda a primeira metade. O 0-1 chegaba no minuto 35 por mediacion de José Manuel, dez minutos despois novamente José Manuel anotaba o segundo gol para os celestes. Na segunda parte os celestes quedaron cun xogador menos, o ser expulsado Alvaro, malia estar en minoria aguantaron o envite e sairon victoriosos. Asi no minuto 83Brais marcaba o terceiro gol para o Riebeira, sería no minuto 89 cando o sada anotaba o seu priemiro gol por mediación de Alberto.
O Ribeira pecha a tempada de 18º na clasificiacion con 26 puntos.

https://www.youtube.com/watch?v=p5a59PW3-0E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.