O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado inaugura un curso de formación en Amicos

12 usuarios de Amicos menores de 30 anos participan nun curso que os capacita para traballar en actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os estudantes estarán recibindo formación remunerada mediante bolsas até o 14 de novembro. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu hoxe á presentación do curso de formación “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” no Centro de Atención Integral Amicos de Boiro. Na inauguración tamen estiveron presentes, a Directora territorial de Inserta-F. Once Galicia, Menchu Iglesias, o Concelleiro de Medio Rural, do concello de Boiro, Diego Santamaria Vila e o director de Amicos, Xoan España.
O programa busca a inserción laboral destes mozos e mozas con discapacidade da comarca do Barbanza e Noia e conta coa colaboración e investimento do FSC Inserta e do Fondo Social Europeo.
Arturo Parrado sinalou que dende a Consellería de Política Social “apoiamos todo tipo de iniciativas e actividades formativas que, coma esta, teñen por finalidade mellorar a formación das persoas con discapacidade e aumentar as súas posibilidades de inserción laboral”. O director xeral engadiu que a Xunta de Galicia desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas.

Este curso está financiado por INSERTA, Fundación ONCE, e polo Fondo Social Europeo.

Dende a directiva de Amicos agradecen a implicacións da fundación Once e Inserta grazas os cales se imparte esta formación. Agardan que o alumnado que complete con éxito o ciclo e logre a súa incorporación o mundo laboral.

https://www.youtube.com/watch?v=mSO6ZloloRs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.