Cos votos a favor da oposción o pleno de Ribeira aprobou como festivos locais para o 2017 o 24 de xullo, día da Dorna e o 28 de febreiro, martes de carnaval

Cos votos a favor da oposición o pleno de Ribeira aprobou como festivos locais para o 2017 o 24 de xullo, día da Dorna e o 28 de febreiro, martes de carnaval. Unha moción presentada conxuntamente por Ipdr e BNG posibilitou o cambio nas festividades locais. A proposta da alcaldía do día da dorna e dia de Santa Uxía decaeu, saíndo aprobada a moción de urxencia do BNG e IpdR coas festividades locais para o dia da dorna emartes de carnaval. A maior incidencia que estas festividades teñen entre a veciñanza, a hostelería e o comercio local levou a oposición a votar a favor da moción e apoiar ditas datas como festivo, propondo ademais que a festividade da patroa, se cambie para o fin de semana, agás a concelleira do grupo mixto, Dolores Elordoy que a poiou a proposta da alcaldía.

A voceira do PP destacou que o alcalde xa se entrevistara con anterioridade co cura párroco, co fin de posibilitar o cambio da celebración do dia de Santa Uxía para a fin de semana e este afirmou que non dispón de autonomía para facer tal traslado. Propondo o traslado do día da Dorna ó 25 de xullo.

https://www.youtube.com/watch?v=oI0yCxOrOMY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.