Boiro Novo presenta unha moción para o seu debate no vindeiro pleno reclamando melloras na seguridade vial do concello de Boiro. Trátase da estrada provincial 1106 que une Abanqueiro e Cespón e que ten unha capacidade de tráfico moi elevada por ser a principal vía de comunicación cos núcleos máis importantes de ditas parroquias. Ademáis de ser empregada diariamente por multitude de traballadoras/es que se dirixen ao seu centro de traballo nunha das fábricas conserveiras do noso concello. Sen embargo segundo destacan os membros de Boiro Novo, a estrada presenta deficiencias que supoñen un perigo para os usuarios e viandantes.
Por todo isto, propoñen a realización dun PLAN DE ACTUACIÓN INTEGRAL nesa estrada para que de forma urxente e inmediata se adopten as medidas necesarias que limiten a velocidade no lugar de Vilas en Cespón, no entorno da parada de autobús, coa dotación dunha boa sinalización luminosa nese entorno. Do mesmo xeito, consideran necesario trasladar a parada de autobús existente a un lugar máis axeitado e seguro, sinalizando un paso de peóns e os elementos necesarios para garantir a seguridade nesa zona.
Piden ademais que o goberno municipal xestione diante da Deputación Provincial da Coruña a construción de beirarrúas en todos os núcleos de poboación existentes nesa estrada e a mellora da iluminación nos puntos onde sexa deficiente.
A reposición da marquesina da parada de autobús no lugar do Bodión, a mellora da sinalización no cruce do lugar de San en dirección ao Saltiño, o arranxo de varios tramos de beirarrúa, que se atopan en mal estado e unha actuación sobre as lombas redutoras de velocidade sitas en dita estrada, actualmente en mal estado debido a falta de mantemento.
https://www.youtube.com/watch?v=o70oJaAy0PI