O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente primeiro, Francisco Conde, visitaron esta mañá as novas instalacións do Consorcio Galego de Tratamentos Térmicos (Cogaltra), participado polo grupo Intaf en Narón (A Coruña). Nese escenario o titular do Goberno galego ratificou o apoio do executivo autonómico ás pemes co investimento de 11 millóns de euros en centros de fabricación avanzada que reforzan a competitividade de Galicia con infraestruturas compartidas.
RUEDA RATIFICA O APOIO DA XUNTA ÁS PEMES.


