jueves, septiembre 28, 2023

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou esta mañá a xornada Diálogos coa paisaxe construída

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta de mañá aprobará o catálogo das paisaxes de Galicia e o o último trámite do regulamento que desenvolve a Lei do solo.
Durante a inauguración da xornada Diálogos coa paisaxe construída, Feijóo salientou nun primeiro termo as significativas achegas que vai traer consigo o primeiro Catálogo das Paisaxes de Galicia; un catálogo cuxo decreto será aprobado mañá para poñer en valor, non só a defensa das paisaxes galegas, senón tamén a súa diversidade e riqueza. Non en van este texto identifica 258 tipos de paisaxes diferentes na xeografía galega e delimita 211 áreas de especial interese paisaxístico que abranguen máis de 252.595 hectáreas.
O titular do Executivo autonómico referiuse ao documento como un exemplo de participación e colaboración e lembrou que durante o período de exposición pública recibiu 80 alegacións de concellos, comunidades de montes, asociacións ecoloxistas e veciñais, etc., o que permitiu incorporar ao catálogo 192 novos lugares de especial interese paisaxístico que xeraron catro novas áreas de especial interese paisaxístico. Ademais, tamén se engadiron ao documento 28 novos miradoiros, pasando así dos 444 iniciais a un total de 472.

https://www.youtube.com/watch?v=DZiu_IjKPrc

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.