Ao longo dos últimos anos as enfermidades mentais están aflorando. Pouco a apouco a xente vai perdendo o medo a pedir axuda para curar este tipo de doenzas. É o caso da depresión. Segundo os datos da Organización Mundial da Saúde é unha das enfermidades máis frecuentes que afecta a preto de 300 millóns de persoas.
PERMITIRSE ESTAR MAL E SER CONSCIENTES DA SITUACIÓN SON OS PRIMEIROS PASOS PARA CURAR A DEPRESIÓN.


