Deputación Da Coruña

Ribeira acolle esta semana os cursos de vela da Deputación da Coruña

Ribeira acolle esta semana o cuarto curso dos seis que integran a Campaña de Vela 2016 organizada pola Deputación da Coruña e na que participarán 200 nenos e nenas da provincia.

En dúas quendas de mañá e tarde, un total de 40 rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos dos concellos da comarca de Barbanza participan nun curso dunha semana de duración, durante o que aprenden os principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como nocións básicas de windsurf e elaboración de nós mariños.

A Deputación da Coruña incrementou este ano de tres a seis as sedes dos cursos de vela que realiza cada verán en diversos municipios costeiros da provincia, o que permitiu duplicar tamén o número de rapaces participantes.

Os dous últimos cursos da campaña terán lugar en Muxía e Malpica durante a primeira quincena do mes de agosto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.