A comarca vivirá unhas xornadas lúdicas e deportivas a partir de mañá. A parroquia boirense de Lampón celebra as festas de San Mauro cun programa completo con música tradicional, degustación de callos e empanada e chocolatada, durante este sábado e domingo. E o Porto de Aguiño celebra este domingo a cita Milla Solidaria Heroínas de Sálvora.
FESTAS PATRONAIS E UNHA CITA DEPORTIVA SOLIDARIA PROTAGONIZAN ESTA FIN DE SEMANA O CALENDARIO CULTURAL DO BARBANZA


