Esta noite rexistrouse un incendio nunha vivenda situada na zona da Mirandela, na Pobra do Caramiñal. A propietaria do inmoble veu saír fume do baixo, no que residía unha parella en alugueiro, polo que deu a voz de alarma ao 112. O rápido aviso, que se produciu sobre as 00.30 horas e a mobilización dos Bombeiros de Ribeira e Boiro propiciou que o lume, aparentemente intencionado, non lograra o seu obxectivo.
UN HOME, DETIDO DESPOIS DE INTENTAR QUEIMAR O BAIXO NO QUE VIVE COA ESPOSA DENTRO


