Porto do Son honra á virxe do Carme con 5 días de Festa, era o coñecido actor Tacho González o encargado de dar o pistoletazo de saída co pregón este pasado domingo.
No día de hoxe celebráronse os actos relixiosos para honrar a Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, os actos comezaron cunha misa de campaña oficiada polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio no recinto portuario, á que asistiron diversas autoridades, trala celebración relixiosa realizouse unha ofrenda floral en homenaxe os mariñeiros falecidos , xa a noite a verbena correu a cargo das orquestras Nueva Generación e Aché.
O Martes 9 hónrase a Virxe de Loreto. Armonía Show e Panorama encargaránse de dar ritmo os festexos.
O Mércores as festas continúan na honra a San Roque, a musica correra a cargo de Costa Oeste e a orquestra Charleston Big Band.
os festexos rematan o xoves coa xornada dedicada a Virgen da Caridade, realizaránse misas durante o día e a verbena correra a cargo de Philadelphia e Marbella.
http://youtu.be/GCnMqok-WRU