O BNG pobrense insiste na preocupante situación dos ameneiros da vila

O Bloque Nacionalista Galego da Pobra do Caramiñal sinala que os ameneiros da vila están morrendo por un fungo coñecido como «decaemento do ameneiro». Este fungo está atacando a tódolos ameneiros de Europa occidental, chegando ata a Pobra. De feito, estas árbores xa levan tanto tempo afectadas que agora xa están mortas na súa maioría.

Dita doenza ten unha alarmante capacidade de dispersión, avanzando a través dos cauces fluviais.

O grupo municipal manifesta que se non se lle pon unha solución o antes posible, acabará con tódolos bosques de ameneiros, os cales son unha peza fundamental no mantemento ecolóxico dos ecosistemas fluviais.

Por esta razón, indican que é necesario tomar medidas. No pleno deste xoves presentarán unha moción na que se solicita que o Concello da Pobra do Caramiñal se poña en contacto con Augas de Galicia e coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza. O obxectivo é dar conta desta situación e actuar en dúas direccións. Primeiro, impedir a propagación da natureza, e segundo, recuperar e rexenarar os espazos afectados.

https://www.youtube.com/watch?v=IxDSW5VIW1I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.