O 24 de xullo foi un día especial para todos os ases da baralla. O Liceo Marítimo de Ribeira acolleu a entrega de premios nas diversas modalidades do Campionato de Cartas, o cal se atopa enmarcado dentro da programación do Xuño da Cultura.
Pero antes quixeron rendirlle un emotivo minuto de silencio a Francisco Sieira e Manuel Dios, dous compañeiros que sempre participaban nesta competición.
Os gañadores do Campionato de Dominó foron Manuel Ayaso e Juan Lustres. Narciso Coira e Manuel Crujeiras venceron no Campionato de Escoba. Pola súa parte, Manuel Lijó e Andrés Pérez alzáronse co triunfo no Campionato de Manilla. E, finalmente, Vicente Domínguez e Ramón Vidal Junior conquistaron o Campionato de Tute.
Ademais, procedeuse a unha degustación de viño galego.
https://www.youtube.com/watch?v=FxFyKsE-xyQ