O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o pintor e escultor Francisco Leiro, o catedrático de Filoloxía Románica e membro da Real Academia Galega (RAG)Basilio Losada Castro, e a banda ‘Los Suaves’ galardoados coa Medalla de Ouro de Galicia

A Cidade da Cultura acolleu a entrega das Medallas de Ouro de Galicia, que nesta edición recaeron no arquitecto Manuel Gallego Jorreto, no pintor e escultor Francisco Leiro, o catedrático de Filoloxía Románica e membro da Real Academia Galega (RAG)Basilio Losada Castro, e a banda ‘Los Suaves’.
O acto foi presidido polo presidente da Xunta alberto Núñez Feijoo, que destacou que as Medallas de Ouro de Galicia son o máximo recoñecemento que o Goberno de Galicia entrega a persoalidades ou colectivos que se consideran un «exemplo a seguir».
O presidente galego falou da Galicia de hoxe, un país de síntese. Tradicional e moderna.

O presidente galego rematou a sua intervención agradecendo ós galardoados que representan o pobo de Galicia. Un pobo que tamén lembra que, hai hoxe tres anos, perdeu 80 persoas que, ás portas de Galicia, marcharon para sempre.

https://www.youtube.com/watch?v=Ls0JoB_rU1g

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.