Sin categoría

As mellores arpas de Europa e Sudamérica concéntranse en Noia do 2 ó 4 de agosto

O III Festival Internacional de arpa Vila de Noia congregará do 2 ó 4 de agosto na vila ás mellores arpas de Europa e sudamérica. O evento foi presentado esta mañá na casa consistorial de Noia polo concelleiro de festexos Pepe Pérez e o director artístico do festival, Rodrigo Romaní. Pepe Pérez destacou que a alta calidade dos artistas sitúa este festival entre os mellores de arpa a nivel nacional.

Pola súa banda, Rodrigo Romaní agradeceu o apoio do concello de Noia para a realización do festival, destacando que nel se representan varias culturas europeas e latinoamericanas, mais tamén destacou o carácter atemporal do mesmo. De cara a vindeiros anos agardan realizar a vinculación de artistas locais e artistas vidos outras partes do mundo.

Durante o festival realizaranse obradoiros para mozos e mozas estudantes de arpa que podrán preparar pezas musicais dos artitas convidados, e tamén hai lugar para os mais noviños, xa que se Marcelo Dobodeo e artista Beatriz Martinez ofreceran unha actuación para o público infantil, o 3 de agosto as 20:15, na Praza do Curro.

Salir de la versión móvil