Rianxo

A xouba do xeito voltou reinar en Rianxo

A xoubiña do xeito de Rianxo voltou reinar no seu pobo o pasado 23 de xullo, os fogóns encendéronse para cociñar este manxar de diferentes maneiras.
Organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios, a XXIV edición da Festa da Xouba reuniu a centos de persoas nesta vila do Barbanza, que baixou unha carpa no Campo de Arriba, e acompañados de música tradicional degustaron tan rico manxar fritido e en empanada, acompañado de pementos de Padrón, cachelos e mexilóns.
Nesta tradicinal festa que xa forma parte do panorama gastronómico de Galicia, non se esqueceron dos mais novos, así preto da carpa inchables e colchonetas axudaron á diversión de nenos e nenas.
Roi Casal puxo o broche final ó evento cun concerto na praza Castelao.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.