As prazas de abastos viviron un dos derradeiros días de gran movemento neste Nadal. Hoxe moita xente aproveitou para achegarse aos mercados municipais para facer as últimas compras para o menú de mañá e atopáronse con prezos máis alcanzables que en Noiteboa e Fin de Ano.
AS PRAZAS DE ABASTOS ENCARARON O DÍA PREVIO AO REIS MAGOS CON PRODUTO E CON PREZOS INFERIORES AOS DA SEMANA PASADA.


