Os amantes das motos achegáronse ata Boiro este fin de semana

Boiro convertiuse durante este fin de semana no epicentro das motos. A apertura do Parque da Cachada ao paintball, un circuíto de seguridade vial para os nenos e os inchables para que puidesen xogar foron só algunhas das novidades de «Boiromotos 2016».

Na xornada do sábado, os asistentes puideron desfrutar do «2º Salón da Moto Boiromotos», do circuíto «Humor Amarillo», dunha mexilloada gratuíta con música tradicional, de exhibicións de Stunt a cargo de Switch Riders, así como da actuación do «home máis forte de España». Por outra banda, o domingo, tivo lugar unha ruta turística.

Este evento estase convertindo nun referente e símbolo dentro do programa festivo de verán do concello de Boiro.

A afluencia a esta nova edición foi multitudinaria, ao igual que o ano pasado no cal chegaron aos 350 inscritos e asistiron miles de persoas. A pesar de que as persoas inscritas gozaron de certas vantaxes, este encontro foi de balde para todo o mundo e destacou o seu programa amplo e variado para tódolos públicos. Unha cita que se convertiu novamente en todo un éxito.

https://www.youtube.com/watch?v=g8l6yTterVQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.