Tres efectivos de Protección Civil de Porto do Son resultaron feridos tras sufrir un accidente de camiño a un operativo

Tres efectivos de Protección Civil de Porto do Son resultaron feridos tras sufrir un accidente de camiño a un operativo.
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a tres efectivos de Protección Civil de Porto do Son que sufriron un accidente co vehículo da agrupación na curva da Arnela. os feridos son dous varóns de 22 e 37 anos e unha muller de 52 anos.
Segundo confirmaron os seus compañeiros, dirixíanse a un operativo cando colidiron con outro vehículo no lugar de Arnela, en sentido Noia, e o vehiculo acabou empotrado nun poste eléctrico. Ás 10:50 horas de hoxe, un membro de Protección Civil se puxo en contacto co CAE 112 Galicia para pedir axuda. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias se solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Urxencias Médicas. Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao tres efectivos ó hospital do Barbanza.
http://youtu.be/LIB02iKmPfo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.