O concello de riveira organiza visitas guiadas polo entorno do parque de san roque, o castro da cidade e pedra da ra

Os percorridos realízanse os xoves e venres cunha duración dunha hora con explicacións no Centro de interpretación arqueolóxica e Parque periurbano de San Roque e outra hora no miradoiro da Pedra da Ra e o castro da Cidá.

Entre un punto e outro haberá un tempo de 30 minutos para facer o desprazamento, que poderá ser a pé ou en coche privado. O interesado poderá optar por visitar os catro puntos do programa, ou ben elixir entre a ruta de San Roque ou a do miradoiro e o castro. O horario das visitas distribúese en dúas quendas cada día: ás 11 h pola mañá; e ás 18 h pola tarde.

O punto de inicio das visitas guiadas é o Centro de interpretación arqueolóxica.

Para realizar a visita deberá haber un grupo mínimo de oito persoas en cada quenda (11 h e 18 h) e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

A reserva debe efectuarse cun mínimo de 24 h de antelación. Esta reserva non implica a confirmación da realización da visita. Esta confirmación producirase a través dunha chamada telefónica o día anterior ao día reservado.
Recoméndase acudir ás visitas guiadas con roupa e calzado adecuado para facer percorridos por sendeiros de terra; empregar protección solar; levar auga; e ser puntual, xa que a ruta comeza á hora indicada.
Para recibir máis información e facer a reserva, os interesados poden dirixirse á Oficina municipal de información turística situada en Xarás ou no teléfono 981 870 980. O horario de atención desta oficina é de luns a domingo de 11-14 h e de 17-20 h. Finalmente, tamén o poderán facer as súas consultas a través do correo electrónico turismo@riveira.com.

https://www.youtube.com/watch?v=xQd9Y-XT32k

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.