O Sábado desputouse a XI Bandeira Concello da Pobra con algunhas complicacións. Cando xa se puxera en marcha a regata, co C.R. Salgado-Perillo, o C.R. Vilaxoán e Amegrove C.R. en competición, o desaxuste no campo de regatas causado por un barco que levou por diante unha das boias obrigou a deterse as embarcacións e volver a repetir saída. Xa co campo arranxado esta primeira quenda foi dominada de principio a fin por un Amegrove C.R. que volveu a ofrecer a súa mellor versión. Por detrás o C.R. Vilaxoán mantiña a súa particular disputa co C.R. Salgado Perillo que se acababan levando os de Vilaxoán.
Nunha sempre igualada segunda quenda chegaban a primeira virada as catro embarcacións, pero a partir de ese momento a cabeza da quenda a collería o C.M. Bueu-Tecarsa e non baixaría o ritmo ata a última palada, conseguindo o cuarto posto da clasificación final. Por detrás chegaría o C.M. Castropol que conseguiu remontar no último longo a un C.R. Mecos-Mondariz que notou o esforzo nos últimos instantes. En cuarta posición chegaría un C.R. Chapela que foi de máis a menos acabando distanciada dos seus rivais.
Na última quenda. Con dominio absoluto por parte dun C.R. Ares que consegue a súa terceira bandeira da tempada, segunda consecutiva, e mostra os seus credenciais para loitar pola LGT A 2016. A segunda posición sería para o C.R. Puebla que competiu a un gran nivel para dar unha alegría a súa afección e superar, tras unha igualada loita, a S.D. Samertolameu que sería terceira. Cerraría a quenda o C.R. Coruxo que non puido aguantar o ritmo dos favoritos e que acabou finalizando na sexta posición da clasificación xeral superada polo C.M. Bueu-Tecarsa e polo C.M. Castropol.
https://www.youtube.com/watch?v=OloB_1vSWRk