Con fin de melloralos prezos que o produto estrela de Rianxo acada na subasta e dar saída a maior cantidade de xouba a cofraria Virxe do Carme de Rianxo puxo en funcionamento o pasado ano un servizo de venta moi novidoso, a xoubiña do xeito de Rianxo é mercada pola cofraría na subasta e trasladada directamente ós compradores sen que teñan que desprazarse á lonxa, cada día sae un camión dende Rianxo a facelo reparto de pedidos.
Por cada kilo que se distribúe os compradors pagan 20 céntimos que van para os mariñeiros. O servizo está a dar tan bo resultado que dende o pósito xa pensan en amplialo.
O valor do peixe subiu na subasta, ó lograr maior numero de compradores na poxa, xa que non é preciso que despracen ata a lonxa.
Segundo explicou o xefe do pósito rianxeiro, unha comercial ocúpase deste servizo dunha maneira extraordinaria, polo que os resultados son fantásticos.