Icono del sitio CanalBarbanza.com

A xunta habilitará 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do freixo, en serra de outes

A Xunta habilitará 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do Freixo, no municipio coruñés de Serra de Outes. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao municipio.

Durán Hermida explicou que a Consellería do Mar ten elaborada xa a proposta técnica para a dotación de pantaláns de 3ª lista. Esta proposta inclúe a creación de 24 prazas: 16 para embarcacións de 6 metros; 4 para embarcacións de 8 metros; e 4 para as de 10 metros. Deste xeito dará resposta a actual lista de espera, de 16 barcos, e prevé prazas de reserva.

Segundo explicou o presidente de Portos, os novos módulos de pantalán para pesqueiros anclaríanse á punta dos pantaláns centrais de séptima lista que existen actualmente. Deste xeito a distancia ata o dique supera os 20 metros, o que permite a boa maniobrabilidade das embarcacións no seu acceso á dársena.

Finalmente, José Juan Durán lembrou que esta actuación súmase á recentemente executada de reparación do sistema de fondeo no dique aboiante do Freixo. Estes traballos consistiron na substitución de 250 metros de cadea e a instalación de 80 grilletes de alta resistencia. O investimento realizado pola Consellería do Mar nesta obra foi de 37.221 euros.

Salir de la versión móvil