A responsable comarcal, Cristina Andrade, xunto ó alcalde de rianxo Adolfo Muiños e o voceiro do BNG de Ribeira, Xosé Antón Vazquez covas, presentaron as actividades que se van desenvolver en Compostela os días 24 e 25 deste mes. O sábado 24 vai ter lugar a partir das 17:30 no parque de Bonaval unha homenaxe a Castelao e Rosalía, organizada pola mocidade. Durante a noite do 24 e a tarde do 25, no Campus Sur vai ter lugar o Festigal con numerosas e variadas actuacións, obradoiros, debates. Cabe destacar a manifestación que, coma todos os 25 de xullo, sairá da Alameda compostelá baixo o lema “Galiza viva, soberanía e traballo”.
O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presentou o acto comarcal de conmemoración do Día da Patria, que se desenvolverá en Rianxo o día 24. Adolfo Muíños informou de que se vai facer unha andaina con final no Pico Muralla onde se colocará unha bandeira galega, recordando aquela ocasión en que Castelao, sendo xa deputado do Partido Galeguista en Madrid, ascendera unha tarde de xullo ao Pico Sacro.
Para facilitar a asistencia de todas aquelas persoas da comarca que o desexen, haberá un autobús que sairá de Ribeira ás 10 da mañá e parará na Pobra, Boiro e Rianxo. O bus custa euros e para anotarse, aqueles que aínda non o fixeran, hai que chamar ao teléfono 619 01 98 93.
https://www.youtube.com/watch?v=clNc9TE1aQo