A cofraría de Aguiño homenaxea a un veciño de Carreira que doou 42 embarcacións feitas á man en miniatura

José Crujeiras Crujeiras traballou toda unha vida no mar, dende os doce aniños, ata a xubilación, parte da súa vida traballou na cofraría de Aguiño, á cal hoxe doou 42 maquetas de embarcacións en madeira, feitas por él mesmo, como hobby. O agasallo foi devolto dende a cofraría a este vello lobo de mar, que hoxe emocionado recollía unha pequena escultura feita polo escultor aguiñenses José Gude.

Ó mirar a escultura, un mariñeiro coa poutada ó lombo, José lembra aqueles duros tempos no mar, e venlle un sorriso ó pensar que a pesares daquel traballo, nunca naufragou, nen sequera cando participuo durante anos nas regatas de dorna a vela.

Para o recordo quedan agora na cofraría de Aguiño estas 42 embarcacións, que adornarán os pasillos da entidade ó tempo que deleitarán a todos os que veñan a velas, coa súa fermosura.

Un hobby que comezou sobre o ano 2000 e xa leva feitas máis dun cento de embarcaións, simplemente a ollo, sen medidas nen fotografías.

Dende a cofraria amosáronse dispostos a construir unha estantería para gardar tan preciado legado.

Aqui pode atoparse dende a gamela ata veleiros ou embarcacións vikingas.

Ós seus 85 anos José seguirá traballando no seu hobby, que tan fermosos resultados está a dar.

https://www.youtube.com/watch?v=hNFuU_RIMHY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.