Porto do Son convertirase en poblado celta durante tres días

A Feira Celta conquistará Porto do Son os días 29, 30 e 31 de xullo. Esta trátase dunha festa con gran arraigo, na cal está previsto que se celebre un amplo abano de actividades. Pasarrúas, concertos ou actuacións son só algunhas das propostas que ofrece esta cita. A apertura da mesma será o venres 29 ás 17:00 da tarde e o sábado 30, ás 23:00 da noite, terá lugar o concerto de Acibreira.

As rúas estarán provistas de 110 postos entre os cales se atopan alimentación, artesanía ou cantaría, entre outros. Así mesmo, dende o Concello chegaron a un acordo coa empresa organizadora para que asociacións sen ánimo de lucro de Porto do Son poidan ter o seu posto sen ningún tipo de custo.

Ademais, como novivade o cartel desta edición é interactivo, conleva unha realidade aumentada interactiva.

Este evento enmárcase dentro da Programación Cultural e Deportiva do Verán 2016, no cal se atopan outras coñecidas citas como a Festa Hortera, as Festas do Carme de Portosín ou a Copa do Concello de Porto do Son. O edil de cultura, José Manuel Deán, sinalou que pensan que este ano será máis importante ca nunca.

Pola súa parte, o alcalde, Luis Oujo, indicou que esta celebración é o froito dun gran traballo e invitou á xente a que participe e desfrute. Tamén anunciou que agora son os propios mercaderes os que reservan o último fin de semana do mes de xullo para acudir a Porto do Son.

Finalmente houbo palabras de agradecemento para Carmen Conde, presidenta da Asociación de Amas de Casa de Porto do Son, polo seu enorme labor.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.