Os cantos africanos soarán o vindeiro mércores en riveira da man do coro costamarfileño saint luc de banabakintu

A música africana chega a Ribeira da man do coro costamarfileño Saint Luc de Banabakintu, grazas a colaboración do cçoncello de Ribeira coa asociación Egueire, que opera na costa de Marfil. Para falar deste concerto compareceron hoxe no Consistorio o cura de Santa Uxía Césareo Canabal, o cooperador desta parroquia Javier Millán; o secretario da asociación Egueire e cura de Mazaricos Xosé Manuel Pensado; a concelleira de Cultura Fabiola García; e Elody, Ibrahim e Samuel como integrantes do grupo.
Tanto Cesáreo Canabal como Fabiola García sentíronse moi honrados de acoller a actuación deste coro africano, que tamén cantará na eucaristía dese mesmo día na igrexa parroquial ás 20.30 horas.

A iniciativa ten tamén unha vertente solidaria pois, non en van, está auspiciada pola asociación Egueire (“Érguete”, en galego) que xa trouxera a Riveira a outro grupo musical fai tres anos.

Neste senso, coincidindo coa actuación haberá na praza do Concello un rastrillo no que as persoas interesadas poderán mercar diversos produtos vinculados coa cultural africana.

A actuación será o mércores 27 a partir das 21.30 na praza do Concello.
A presentación de hoxe rematou dunha forma bastante diferente ao que é habitual: cunha pequena demostración do talento musical de Elody, Ibrahim e Samuel.

https://www.youtube.com/watch?v=dPZw1MjY1aE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.