Continúa a Festa da Dorna en Ribeira. O día de mañá comezará ás 11:00 coa segunda xornada do «II Jran Basar Dorneiro: Arte e Ajro» instalado no Malecón. Xa ás 13:00 da tarde terá lugar a última xornada da ruta de tapas, a cal será amenizada polas charangas Trécola, Kilomberos e Pájaros Jazz. Xa pola tarde, concretamente ás 17:24, celebraranse os «XXVI Xojos e Deportes Populares de Mar» e ás 21:09 o «Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor». As peñas prepararán as súas gorxas para a «Jran Final do Sertamen Itinerante de Cansión de Tasca» que comezará ás 22:00 da noite.
A «Expovarada de Embarcasións» no Malecón ás 12:16 da mañá marcará o inicio da xornada do domingo, para ás 13:15 arrancar co «Desfile de Embarcasións para a Botadura». Estes singulares barcos competirán ás 14:31 na «XXVIII Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsión a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark». Ao redor das 20:14, a marea dorneira inundará un ano máis as rúas da cidade no «Top Secret». Finalmente, o «Consiertaso» previsto para as 23:11 no Malecón aunará aos xens artísticos e musicais de Ribeira, deleitando aos oídos do público da «Jran Ópera Dorneira Reloaded». Este concerto poñerá o broche final a esta singladura. Deste xeito, os seguidores desta festa comezarán a contar os días restantes para a chegada dunha nova singladura. Mais non se poñan nerviosos porque esta espera verase aliviada o 19 de agosto coa celebración da «Sena-Baile de Jala» ás 23:00 da noite no Restaurante Baiuca.
https://www.youtube.com/watch?v=-sfqw3YAjUo