Unha tarteira esquecida no lume provocou un incendio nunha campá extractora nun piso de Ribeira. Os feitos sucederon arredor das 10:10 da mañá, cando un veciño do edificio número 12 da rúa Escorial alertaba ó 112 de que saía abundante fume dunha fiestra do terceiro piso. Dende o 112 deron aviso ós bombeiros de Ribeira, o Gaem e a policía local que de inmediato se persoaron no lugar, ó mesmo tempo chegaba a inquilina do piso, que lles facilitou a entrada ó interior.
O lume só afectou á campá extractora, non houbo que lamentar maiores danos, no interior do piso so estaba un can, que saiu ileso.
https://www.youtube.com/watch?v=q_HpdaKBuxA