Icono del sitio CanalBarbanza.com

O XUÍZO POLO DOBRE ACCIDENTE MORTAL DE PALMEIRA ESTÁ Á ESPERA DO VEREDICTO

Cartel de YouTube
O luns deu comezo o xuízo polo accidente mortal que sucedeu en Palmeira en maio do 2019 e no que Sara Lampón e Abraham Muñiz perderon a vida tras chocar co vehículo que conducía a acusada María del Pilar, que circulaba a 130 kilómetros por hora nun tramos de 50-70. E hoxe foi a última xornada do xuízo.

Esta mañá a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, situada en Santiago, viviu unha sesión na que o maxistrado fixo referencia aos feitos probados e aos non probados. O xuízo rematou en torno á unha da tarde, momento no que o xurado popular foi a deliberar. Ao comezo deste informativo, o xurado seguía deliberando e se agarda que mínimo ata mañá non se coñecerá a súa decisión.

No primeiro día do xuízo declarou a acusada e afirmou que só recorda o impacto e que non consumira bebidas alcholicas dende a mañá do día do suceso. Onte foi a quenda da médico forense, que desmontou a versión da acusada e sinalou que Fernández é unha persoa consciente dos seus actos. Tamén compareceron profesionais da Garda Civil que negaron a posibilidade de que houbera un deslumbramento e desbotouse a opción de que a curva na que se produzo o accidente sexa perigosa. Ademais de contar coa testemuña de outros condutores que viron o accidente.

Agora só falta coñecer a decisión do xurado popular e a sentencia final. A fiscalía pide 5 anos e medio de prisión para a acusada, ademais de 6 anos de retirada do carné de conducir. A acusación aumenta a súa petición a 12 anos e medio de cárcere mentres que a defensa solicita un ano e medio. O xurado continuará mañá pola mañá a deliberación para dar o seu veredicto.

Salir de la versión móvil