Cabo de Cruz contará cunha nova sede para o clube de remo

O alcalde de Boiro, Juan José Dieste, anunciou esta mesma mañá que se procederá á construción dunha nova sede para o Clube de Remo de Cabo de Cruz. O edificio contará con dúas plantas, nas cales se distribuirán o ximnasio e as duchas, entre outras dependencias. O presuposto para dita obra será dun millón de euros e agradéceselle a Portos de Galicia que concedese o permiso.

O plan de usos xa está feito e sinalan que se trata dun proxecto realista, asequible e austero. Así mesmo, destacan a importancia da realización desta actuación, xa que a actual edificación está obsoleta e non cubre as necesidades do clube a pesar das reformas de mantemento que se realizaron ao longo dos anos.

Derrubar o antigo edificio construído nos anos 70 por Arturo Romero, coñecido popularmente como «Foca», para dotar ao equipo dunhas novas instalacións.

https://www.youtube.com/watch?v=SwtnOR3sIlU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.