Deputación Da Coruña

As deputacións da Coruña e Pontevedra demandan á Xunta unha reunión urxente para abordar a transferencia da ponte de Catoira á administración autonómica

Nesta reunión celebrada en Rianxo e na que participaron os representantes das deputacións da Coruña e Pontevedra, asi como dos concellos de Catoria e Rianxo, analizáronse as deficiencias que presenta a ponte de Catoira e decidiuse solicitar unha reunióncoa Xunta para solucionar este problema, que ven dado porque a ponte pertence a dous concellos de dúas provincias diferentes, polo que depende de varias administracións cos problemas que iso conleva.
A transferencia da titularidade da ponte á Xunta suporía rematar co reparto de titularidades e competencias actual , e daría cumprimento ó acordo establecido no propio Plan Move da administración autonómica.
Os alcaldes de Catoira e Rianxo agradeceron o apoio ás súas demandas por parte das deputacións da Coruña e Pontevedra.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.